SI QUE PODO!!!!, Esa é a actitude que
queremos que os nenos e nenas teñan cara a súa vida, e entre todos podemos
axudalos!
A
quen non lle encanta recibir unha aperta? Quen non quere que cada día lle den
un bico? Como se vería a vida se todos levásemos un sorriso nas nosas caras?...
A verdadeira felicidade, sen dúbida, atoparémola nas cousas cativeiras, que ás
veces, non valoramos e que temos ao noso alcance: bicos, sorrisos, apertas, agarimos,
aloumiños, ,.....son simples xestos que axudan a crear unha actitude positiva nos
nenos/as en cada intre da súa vida, porque “SE tROCAMOS
O XEITO DE VELAS COUSAS, TROCAREMOS AS COUSAS QUE VEMOS”
Pedimos a vosa
colaboración neste novo proxecto: “SI QUE PODO”, para Entre todos conquerir e mellorar o
desenvolvemento emocional dos nosos nenos/as, contribuíndo a formar persoas
positivas, conscientes das súas capacidades........para en definitiva SER PERSOAS FELICES!
O proxecto
desenvolverase en dous ámbitos da vida dos nenos/as:
·
Escola: día a día, terán unha tarefa de pensamento e
actitude positiva que realizar
·
Casa: nalgún momento ou situación da fin de semana
terán que levar a cabo outra tarefa de pensamento e actitude positiva. O que precisarán
de vós serán bicos, apertas, sorrisos,...
MIRA AQUÍ AS NOSAS TAREFAS