PROXECTO POSITIVISMO

Loading...

jueves, 16 de mayo de 2013

CONCURSO "QUEN SABE MÁIS SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO"

ESTA MAÑÁ NA NOSA BIBLIOTECA PARTICIPAMOS NESE DIVERTIDO CONCURSO
  • DURANTE AS SEMANAS PREVIAS NAS AULAS
    • CUBRIMOS UNHA FICHA TÉCNICA CON INFORMACIÓN SOBRE A PERSOAXE Á QUE SE LLE ADICA ESTE ANO O "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
  • ESCOLLEMOS DE CADA CLASE UN O UNHA REPRESENTANTE
  • FIXEMOS DOUS EQUIPOS: 
    • O EQUIPO DE 1º, 3º e 6º: "VIDAL BOLAÑO"
    • O EQUIPO DE 2º, 4º e 5º: "LETRAS GALEGAS"
  • O NOSO PRESENTADOR,  EXPLICOUNOS AS NORMAS TANTO DE XOGADORES COMA DE PÚBLICO
  • O NOSO ANOTADOR, FOI TOMANDO NOTA DOS PUNTOS OBTIDOS
  • GAÑOU O EQUIPO "LETRAS GALEGAS" ¡PARABÉNS!
FOI MOI DIVERTIDO E INTERESANTE


SE QUEREDES XOGAR NA CASA, PINCHA NA IMAXE

martes, 23 de abril de 2013

lunes, 22 de abril de 2013

SESIÓN DE CONTACONTOS CO SEÑOR GRAVATA TORTA PARA INFANTIL E 1º CICLO

COMEZAMOS A SEMANA FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO CO SEÑOR GRAVATA, CO CONTO "O COELLIÑO BRANCO"
DEIXAMOSVOS AQUÍ DOUS VÍDEOS, UN DE FOTOS E OUTRO DE VARIOS VIDEOS PARA QUE DESFRUTEDES COMO FIXEMOS NÓS!!
GRAZAS SEÑOR GRAVATA!!!!

domingo, 21 de abril de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO 2013

O MARTES DÍA 23 DE ABRIL DE 2013 CELEBRAREMOS O DÍA DO LIBRO NO SALÓN DE ACTOS, ONDE SE PROXECTARÁN O NOSO CONTO VIAXEIRO, MENTRES OS NENOS E NENAS O IRÁN LENDO.

COMO SERÁ ESTE ANO O NOSO CONTO??...AXIÑA O VEREDES NESTE BLOG!!!

lunes, 4 de marzo de 2013

PROXECTO POSITIVISMO: "SI QUE PODO"



SI QUE PODO!!!!, Esa é a actitude que queremos que os nenos e nenas teñan cara a súa vida, e entre todos podemos axudalos!
A quen non lle encanta recibir unha aperta? Quen non quere que cada día lle den un bico? Como se vería a vida se todos levásemos un sorriso nas nosas caras?... A verdadeira felicidade, sen dúbida, atoparémola nas cousas cativeiras, que ás veces, non valoramos e que temos ao noso alcance: bicos, sorrisos, apertas, agarimos, aloumiños, ,.....son simples xestos que axudan a crear unha actitude positiva nos nenos/as en cada intre da súa vida, porque “SE tROCAMOS O XEITO DE VELAS COUSAS, TROCAREMOS AS COUSAS QUE VEMOS”
Pedimos a vosa colaboración neste novo proxecto: “SI QUE PODO”, para  Entre todos conquerir e mellorar o desenvolvemento emocional dos nosos nenos/as, contribuíndo a formar persoas positivas, conscientes das súas capacidades........para en definitiva SER PERSOAS FELICES!
O proxecto desenvolverase en dous ámbitos da vida dos nenos/as:
·         Escola: día a día, terán unha tarefa de pensamento e actitude positiva que realizar
·         Casa: nalgún momento ou situación da fin de semana terán que levar a cabo outra tarefa de pensamento e actitude positiva. O que precisarán de vós serán bicos, apertas, sorrisos,...
MIRA AQUÍ AS NOSAS TAREFAS