lunes, 4 de marzo de 2013

PROXECTO POSITIVISMO: "SI QUE PODO"



SI QUE PODO!!!!, Esa é a actitude que queremos que os nenos e nenas teñan cara a súa vida, e entre todos podemos axudalos!
A quen non lle encanta recibir unha aperta? Quen non quere que cada día lle den un bico? Como se vería a vida se todos levásemos un sorriso nas nosas caras?... A verdadeira felicidade, sen dúbida, atoparémola nas cousas cativeiras, que ás veces, non valoramos e que temos ao noso alcance: bicos, sorrisos, apertas, agarimos, aloumiños, ,.....son simples xestos que axudan a crear unha actitude positiva nos nenos/as en cada intre da súa vida, porque “SE tROCAMOS O XEITO DE VELAS COUSAS, TROCAREMOS AS COUSAS QUE VEMOS”
Pedimos a vosa colaboración neste novo proxecto: “SI QUE PODO”, para  Entre todos conquerir e mellorar o desenvolvemento emocional dos nosos nenos/as, contribuíndo a formar persoas positivas, conscientes das súas capacidades........para en definitiva SER PERSOAS FELICES!
O proxecto desenvolverase en dous ámbitos da vida dos nenos/as:
·         Escola: día a día, terán unha tarefa de pensamento e actitude positiva que realizar
·         Casa: nalgún momento ou situación da fin de semana terán que levar a cabo outra tarefa de pensamento e actitude positiva. O que precisarán de vós serán bicos, apertas, sorrisos,...
MIRA AQUÍ AS NOSAS TAREFAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario